Sine Die

Paula Cobián Escola de Danza da un paso máis na formación en danza do seu alumnado creando unha compañía non profesional de danza, SINE DIE, da que forman parte alumnos e alumnas da escola que queren ampliar un pouco máis a súa formación, introducíndose no mundo da danza escénica.


O seu primeiro espectáculo, «SHOAH», é unha reivindicación das liberdades humanas, a liberdade de ser, pensar e crer, e sobre todo de respetar o ser, pensar e crer dos outros.

Tomando como punto de partida a barbarie do holocausto xudeo, preténdese advertir ó espectador o que pode desatar o fanatismo e a intolerancia.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Próximas funcións: